InicioMedioambiente e PatrimonioActivo un incendio en Begonte que se suma á vaga de incendios...

Activo un incendio en Begonte que se suma á vaga de incendios da fin de semana en Galicia

A Xunta cifra en 20 o número de hectáreas queimadas ata o momento. O resto de lumes que se atopaban activos ou estabilizados xa están controlados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio forestal propagouse no concello lugués de Begonte durante a tarde deste domingo, ao redor das 16,37 horas, na parroquia de Ou Castro.

A Consellería de Medio Rural cifrou en 20 o número de hectáreas queimadas ata o momento, pero este lume aínda segue activo e os datos son provisionais. Nos traballos de extinción están a traballar catro axentes, 14 brigadas, oito motobombas, unha pa, sete helicópteros e dous avións.

Este incendio súmase aos sete grandes focos, xa contolados, que se produciron en Galicia durante esta fin de semana e que queimaron unha superficie total de máis de 700 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...