InicioMedioambiente e PatrimonioA oposición pide "salvar a Serra do Oribio" ante o "espolio" que...

A oposición pide “salvar a Serra do Oribio” ante o “espolio” que suporá o parque eólico

O PP asegura que é un proxecto "autorizado en 2007" cunha decisión "que non se pode contradicir".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os grupos da oposición no Parlamento galego (PSdeG, Común da Esquerda, BNG e mixto- En Marea) uníronse ás reclamacións da plataforma ‘Salvemos O Iribio’ para demandar un freo ao parque eólico nesta serra de Lugo, nos concellos de Samos e de Triacastela.

Pola súa banda, o PP asegurou que é un proxecto “autorizado en 2007”, durante o Goberno bipartito de PSOE e Bloque, cunha decisión “que non se pode contradicir”. Respecto diso, engadiu que foi tramitado nun momento no que aínda non estaba prohibida a instalación de aeroxeradores en espazos protexidos.

A iniciativa, debatida na xornada do martes do pleno pero que se votará este mércores, partiu do grupo Común da Esqueda, cuxo deputado Antón Sánchez denunciou o “espolio directo” do vento por parte de “amigos do PP“, en relación á empresa que proxecta este parque e que avanza cunha tramitación administrativa “escandalosa”.

Por parte do grupo mixto, Paula Vázquez Verao criticou este “atentado ecolóxico e social”, mentres que a socialista Patricia Vilán subliñou que o seu grupo está “totalmente a favor dos parques eólicos” e das “enerxías renovables” pero mostrou a súa oposición á colocación destas instalacións en Rede Natura. A nacionalista Olalla Rodil, igualmente, subliñou o seu rexeitamento a “a construción de parques eólicos en espazos naturais protexidos de enorme valor”.

“AMIGA DO BIPARTITO”

Por último interveu a popular Marta Nóvoa, quen replicou a Sánchez que a compañía “sería empresa amiga do Goberno bipartito, que foi o que autorizou en 2007 a licenza deste parque”, nun momento en que non estaba vetada a instalación de parques en espazos protexidos.

Ademais, argumentou que a Xunta se mantén “vixiante” con este proxecto, como con “todos”, para que se cumpran “todos os requirimentos” e que conte con “todos os informes”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...