InicioLugo e contornaLugoLugo, pioneira en investigar o perigo das especies exóticas invasoras

Lugo, pioneira en investigar o perigo das especies exóticas invasoras

Pablo Ramil Rego e C. Vales, do Campus de Lugo, editan un libro sobre situación e a mitigación das especies exóticas invasoras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do campus de Lugo da USC aborda nun novo manual a problemática e a situación de perda de biodiversidade causada pola crecente afección das especies exóticas invasoras en relación ás especies e os hábitats naturais e seminaturales.

Esta nova publicación, editada por Pablo Ramil Rego e C. Vales, é froito dunha colaboración co Ceida e recolle os relatorios presentados durante o transcurso do seminario formativo ‘Especies exóticas invasoras: situación e propostas de mitigación’.

A prevención e control das especies exóticas invasoras debe sustentarse, como recoñece a propia Unión Europea, sobre o coñecemento científico-técnico e, para iso, é necesario crear e dotar as estruturas necesarias que permitan monitorear as distintas especies exóticas presentes na comunidade e, especialmente, as recentemente establecidas, marcando protocolos e medidas para o seu control, mitigación ou erradicación, executando estas e controlando a súa eficiencia, destacan os editores.

A loita eficaz contra as especies exóticas invasoras, engaden, esixe ademais o cumprimento doutros dous aspectos. Por unha banda, a coordinación das distintas administracións públicas, que deben “responder o unísono fronte a esta grave problemática ambiental”, superando “as malas prácticas realizadas tanto en relación co uso de especimenes exóticos de potencial invasor, como na creación de medios ou condicións ambientais que son aproveitados eficazmente polas neófitas”.

A nova publicación do Ibader, que demanda a implicación de todos os axentes e sectores sociais, recolle, ademais desta análise xeral sobre a incidencia das especies invasoras exóticas sobre a biodiversidade, outras achegas de diversos investigadores que profundan na situación e as problemáticas concretas que deparan os invertebrados exóticos ou as macroalgas invasoras en Galicia.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...