InicioMedioambiente e PatrimonioAlternativas turísticas: o sueste da provincia de Lugo presume de riqueza xeolóxica

Alternativas turísticas: o sueste da provincia de Lugo presume de riqueza xeolóxica

A Xunta ampliará o Museo Xeolóxico de Quiroga (o único desta temática en Galicia) para animar a xente a visitar a zona e coñecer o Xeoparque Montañas do Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga, inaugurado no 2011, está dedicado á divulgación, estudo e protección dos valores xeolóxicos da comarca de Quiroga. É o único museo en Galicia dedicado a esta temática e pode presumir de ubicarse nun dos concellos que conforman o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel. Agora, a Consellería de Cultura e Turismo promoverá a ampliación das súas instalacións co obxectivo de impulsar o turismo en Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

Así pois, a posibilidade de facer un turismo científico e achegarse ao patrimonio cultural e xeolóxico da provincia é unha das teimas dos municipios do sueste de Lugo.

Para ler máis detalles sobre esta información, podes ir ao Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...