O centro de Lugo, o gran epicentro megalítico de Galicia

Dólmen xa desaparecido en Friol / Patrimonio dos Ancares

O colectivo Patrimonio dos Ancares denuncia o estado de abandono do patrimonio megalítico de Friol. Este concello do centro da provincia concentra exemplares únicos en Galicia, con mámoas de máis de 60 metros de diámetro (algunhas de maiores dimensións que moitos castros) e dólmenes con gravados e pinturas.

Dos máis dos 200 enterramentos que, mal que ben, se conservan (había uns 300, pero uns 100 foron arrasados), só un foi protexido recentemente. Atópase no parque empresarial de Friol. Está protexido grazas a unha denuncia que este colectivo fixo no ano 2017 pola destrución total (desapareceu) dunha mámoa que se atopaba nas súas inmediacións, o que lle supuxo aos infractores unha elevada sanción por falta grave.

Este número de enterramentos megalíticos aumentou hai uns días coa descuberta de catro  novas novas mámoas sen catalogar neste concello. Foi na parroquia de Nodar, a 600 metros de altitude, entre os lugares de A Aldea de Arriba e Fontes. As súas medidas oscilan entre os 17 e 26 metros de diámetro. Máis información no portal Historia de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here