InicioMedioambiente e PatrimonioEN FOTOS | Como eran as vilas de Lugo hai anos?

EN FOTOS | Como eran as vilas de Lugo hai anos?

No Facebook xorden iniciativas ben interesantes que buscan recuperar a memoria fotográfica da nosa terra. LX buceou por esta rede social para recompilar algunhas desas imaxes que retratan a historia de Ribeira de Piquín, Vilalba, Palas de Rei, O Corgo ou Guitiriz, entre outros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na propia denominación do concepto ‘redes sociais’ vai implícita esa creación dun círculo de relación entre persoas. Aínda que ás veces parece que o que conseguen é xustamente todo o contrario —a deshumanización dos vínculos interpersoais—, outras veces si que logran coser redes e crear comunidade. Iso é o que procuran algunhas iniciativas que recompilamos nesta peza. Son páxinas de Facebook postas en marcha pola veciñanza co fin de armar unha especie de faladoiro sobre concellos, cidades… Compartir fotos antigas é un dos leitmotiv deste tipo de páxinas.

Fotos gardadas nos caixóns particulares dan agora o salto ao mundo virtual para que máis xente poida ver como eran as nosas vilas antano. Velaquí un repaso da memoria fotográfica de Lugo a través dalgunhas imaxes compartidas nesas páxinas:

MEMORIA DA TERRA CHÁ

Esta é, quizais, unha das iniciativas que máis material recolleu. Nela pódese ver as rúas de Vilalba a principios do séc.XIX, romarías, manifestacións ou fitos históricos como o primeiro partido de baloncesto no municipio.


 




 

OUTRAS 

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...