InicioMedioambiente e PatrimonioLugo terá seis novas estacións meteorolóxicas

Lugo terá seis novas estacións meteorolóxicas

Tamén se instalarán outras tantas pantallas dixitais que informen aos cidadáns da temperatura, a calidade do aire ou a temperatura da auga da praia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo verá ampliada a súa rede de estacións meteorolóxicas, xa que nas últimas semanas comezaron os traballos de instalación de seis novos dispositivos e varias pantallas de información nun total de once concellos.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que se sumarán estacións meteorolóxicas nos concellos de Riotorto, Monforte de Lemos, Cospeito, Portomarín e Valadouro (no casco urbano e no Cadramón). Pola súa banda, as pantallas situaranse en Foz, Sarria, Monforte de Lemos, Ribadeo, Lugo e Pedrafita do Cebreiro.

As novas estacións ampliarán a rede de máis de 150 dispositivos meteorolóxicos instalados por toda a xeografía galega. Estas están dotadas con sensores de velocidade e dirección do vento, humidade, presión, choiva, temperatura exterior e tamén temperatura do chan (a 10 cm de profundidade e a 10 de altura sobre o solo). Deste xeito, reforzan a información meteorolóxica, de cara a detectar fenómenos adversos, elaborar a predición meteorolóxica e outros fins climáticos e agrometeorolóxicos.

PANTALLAS DIXITAIS DE INFORMACIÓN

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático tamén quere mellorar a información aos cidadáns coa posta en marcha das pantallas dixitais que permiten comunicar datos meteorolóxicos, avisos ante fenómenos extremos ou posibles eventos sobre a calidade do aire.

Estas pantallas, co-financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), proporcionarán información específica en función do lugar, de maneira que diferenciarán os datos de interese segundo a zona -costa (temperatura da auga, ondas, mareas…) ou interior- e a estación cálida ou fría.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...