InicioMedioambiente e PatrimonioAtopan a primera inscrición romana da provincia de Lugo esculpida nunha rocha

Atopan a primera inscrición romana da provincia de Lugo esculpida nunha rocha

PUBLICADA O

- Advertisement -

Colectivo Patrimonio dos Ancares acaban documentar o que sería a primeira inscrición gravada en pedra da provincia de Lugo. Nela aparece a palabra latina IOVI, clara referencia ao deus Xúpiter, a deidade principal do panteón romano que na mitoloxía era considerado como o pai dos deuses. 

A súa localización tivo lugar na Pena de Murias, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna, un gran afloramento de cuarcita situado a media ladeira da Serra do Brañal, a 1.125 metros de altitude, asociado a unha explotación mineira de época romana que se levanta na marxe dereita do río de Murias, a carón do camiño que vai cara a Braña de Pandozarco e do Porto de Ancares. Ata agora só había tres deste tipo de inscricións documentadas en Galicia, as tres delas, en Ourense. Máis información en Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...