A Xunta di que a culpa de que non se limpe a Muralla de Lugo é do concello

Balseiro di que esa limpeza dependerá, agora, da colonia de vencellos que aniña no monumento.

Muralla de Lugo á altura da Porta do Carme ou Porta Miñá, dende onde se precipitou a muller hospitalizada no HULA

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, asegurou este luns que a administración autonómica iniciará “o máis axiña posible” os traballos de limpeza e conservación da Muralla romana de Lugo, que até agora estaban paralizados á espera de que o Concello concedese a correspondente licenza de obra.

Con todo, esa licenza foi xa outorgada a pasada semana pero os traballos aínda non se iniciaron. Balseiro responsabilizou diso ao concello porque “non é normal” que a Xunta de Galicia “teña que facer tanta presión” como exerceu nas últimas semanas sobre o goberno local para contar coas correspondentes licenzas de obra.

En canto ás obras de conservación da Muralla, dixo Balseiro que se meteron demasiado no verán” e comezaron a aparecer os primeiros vencellos” -da colonia que aniña normalmente o monumento romano-, polo que serán os técnicos os que determinarán se é aínda posible aplicar o correspondente tratamento fitosanitario.

Con respecto á licenza para construír o novo colexio do Sacro Corazón, que tamén foi concedida a semana pasada, confía en que esta mesma semana se asine “a acta de reformulo” para “pór as obras en marc

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here