InicioComarca da FonsagradaBaleiraDenuncian un vertedoiro ilegal de residuos industriais en Baleira

Denuncian un vertedoiro ilegal de residuos industriais en Baleira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Verdegaia alertou da existencia dun vertedoiro “ilegal e incontrolado” de residuos industriais en Baleira (Lugo), concretamente nunha parcela próxima ao lugar das Castiñeiras, na parroquia de Fonteo.

Segundo Verdegaia, a parcela, designada como masa común nun proceso recente de concentración parcelaria, converteuse nunha “verdadeira mole na que se amorean pneumáticos, cascallos procedentes de construción e mesmo residuos perigosos como chapas de fribrocemento con amianto ou electrodomésticos“.

O volume e acumulación de residuos “é tal”, apuntan, que “xa se produciron desprendementos cara a unha estrada contigua, ante a absoluta inatención e descoido das administracións”.

Como masa común resultante do proceso de concentración parcelaria, destaca a asociación, a parcela é de titularidade pública e responsabilidade da Consellería do Medio Rural “que, con todo, deixa moitos destes terreos en estado de grave abandono, converténdose en potenciais focos incendiarios ou vertedoiros ilegais como ilustra este caso”.

Os veciños cursan, desde hai un ano, “diversas e repetidas” denuncias e reclamacións ante as consellerías competentes, o Seprona e o Concello de Baleira, aínda que non se tomou “ningunha medida correctora”.

Por iso, Verdegaia anunciou que interpoñerá en datas próximas denuncia formal ante a Fiscalía de Medio Ambiente para que se identifiquen as empresas e persoas responsables das verteduras, así como responsabilidades administrativas.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...