InicioMedioambiente e PatrimonioRábade e Pobra de Brollón, fóra do convenio de extinción da Xunta

Rábade e Pobra de Brollón, fóra do convenio de extinción da Xunta

Estes dous concellos son os únicos da provincia de Lugo que non subscribiron o convenio de prevención e extinción de lumes con Medio Rural – A Xunta procura a adhesión de tódolos municipios e negocia outro convenio coa Fegamp

PUBLICADA O

- Advertisement -

A práctica totalidade dos concellos lucenses, 65 dos 67 municipios da provincia terán subscritos os convenios de prevención e extinción co goberno autonómico. Todos, a excepción de Rábade e Pobra de Brollón. O resto contarán co concerto da Consellería do Medio Rural nalgunha das tres modalidades dispoñibles: contratación de brigadas, actuación das motobombas municipais e roza de camiños.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, puxo en valor esta liña de colaboración do Goberno galego coas entidades locais que só na nosa provincia suporá un investimento da administración autonómica de arredor de 3,5 millóns de euros.

Así, 56 concellos lucenses crearán, co apoio da Xunta, 73 brigadas municipais que se encargarán de labores de vixilancia e defensa contra o lume. Terán entre 4 e 5 compoñentes, polo que o número total de contratacións poderá superar os 360 profesionais. Este persoal ten como principal obxectivo, ademais de servir de unidade de primeira intervención en caso de incendio, a limpeza das faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido.

Outros 41 municipios recibirán financiamento da Xunta para garantir a actuación e operatividade dos vehículos motobomba municipais. E, finalmente, 57 concellos lucenses acolléronse á modalidade do convenio que contempla o financiamento de tratamentos preventivos en vías de titularidade municipal, polo que se estima que se rozarán, no conxunto da provincia, 6.430 hectáreas de terreo.

Balseiro explicou que, no que respecta á sinatura dos convenios, as principais variacións con respecto ao ano anterior veñen dadas pola nova incorporación do concello do Incio, que por primeira vez contratará unha brigada municipal de 4 compoñentes co apoio da Xunta. A maiores, outros cinco concellos decidiron ampliar as modalidades ás que se acolleron, así acontece cos municipios de Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro (todos contarán cunha brigada máis), con Mondoñedo e As Nogais (que se acolle á modalidade prevista para financiar a actuación das motobombas) e co municipio de Pol (que incrementará o número de hectáreas que ten previsto rozar)

Ofrecemento a todos os concellos da provincia

Desde a Xunta salientan que ofreceron a posibilidade de asinar estes acordos a todos os municipios, e que se contactou con cada un dos gobernos locais para lembrarlles a súas obrigas en materia de prevención e extinción de incendios e para seguir ofrecendo estas vías de colaboración.

Tamén como novidade, a Xunta está traballando na posta en marcha dun convenio coa Fegamp que servirá para axudar os gobernos locais a cumprir coas súas obrigas no ámbito das redes secundarias de xestión da biomasa e para o cal se prevé destinar outros seis millóns de euros suplementarios no conxunto da comunidade.

Tendo en conta a boa acollida dos convenios ofrecidos pola Xunta, Balseiro concluíu que estes datos amosan que a maioría dos concellos comparten a “sensibilidade” da Xunta “por traballar conxuntamente fronte á lacra dos incendios”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...