InicioSucesosUn accidente en Rábade obriga a trasladar a unha nena ferida

Un accidente en Rábade obriga a trasladar a unha nena ferida

A colisión de dous vehículos na estrada da Coruña deixa tres feridos de pouca consideración, e unicamente a menor precisou asistencia hospitalaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas de carácter leve, entre elas unha nena de 16 meses, logo da colisión de dous vehículos ao paso por Rábade. O accidente produciuse contra as oito da tarde do martes na estrada de Lugo A Coruña, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), pouco antes do tanatorio da localidade.

Dos tres feridos, unicamente a menor precisou de traslado a un centro hospitalario, e ningún deles tivo maior complicación. A nena foi atendida no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, como informou GaliciaConfidencial.

A alerta foi recibida no centro de coordinación do 112 Galicia trala chamada de varios particulares que informaban do suceso. Con toda a información, os xestores de emerxencias convocaron as Urxencias Sanitarias do 061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Rábade.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...