InicioLugo e contornaSuspenden o xuízo a un veciño de Rábade acusado do homicidio dun...

Suspenden o xuízo a un veciño de Rábade acusado do homicidio dun irmán por falta de conformidade

O falecido irmán padecía unha discapacidade do 65%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo acordou suspender por falta de conformidade o xuízo que se ía a celebrar contra un veciño de Rábade de 41 anos acusado do homicidio dun irmán que padecía unha discapacidade do 65 por cento.

A punto estivo de alcanzarse un acordo de conformidade, entre a Fiscalía e a defensa que se abortou no último momento, polo que se acordou a suspensión do xuízo “por falta de conformidade” e á espera de que sinale día.

A Fiscalía pide 10 anos de prisión para este home e en canto á responsabilidade civil requírese unha indemnización de 21.000 euros para outro irmán.

Segundo o escrito da acusación pública, sobre as 13,45 horas do 23 de novembro de 2019, o procesado “apertou o pescozo” do seu irmán no domicilio que ambos compartían ata causarlle a morte por “asfixia mecánica por comprensión”.

A vítima padecía unha discapacidade do 65 por cento e estaba inhabilitado por sentenza xudicial de data 23 de xaneiro de 2019, “nomeándose como titor á Funga”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...