InicioLugo e contornaRábadePiden 10 anos de cárcere para un home por matar o seu...

Piden 10 anos de cárcere para un home por matar o seu irmán por asfixia en Rábade en 2019

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres o xuízo contra un home para o que Fiscalía pide 10 anos de prisión por asfixiar ata a morte ao seu irmán en Rábade.

Segundo o escrito do Ministerio Público, os feitos ocorreron o 23 de novembro de 2019, cando o acusado apertou o pescozo da vítima ata causar o seu falecemento. Acto seguido, chamou á Garda Civil para comunicar os feitos. Atópase en prisión provisional desde o 25 de novembro dese mesmo ano.

O falecido, un home que contaba con 45 anos de idade, padecía unha minusvalía do 65 por cento e estaba incapacitado xudicialmente. Segundo a Fiscalía, o acusado “tiña as súas facultades para comprender os seus actos e a vontade para decidirse a executalos intactas” no momento dos feitos.

Por todo iso, o home enfróntase a unha pena de cárcere de 10 anos de prisión por un delito de homicidio con agravante de parentesco. Ademais, deberá indemnizar con 21.000 euros a outro dos seus irmáns en concepto de responsabilidade civil.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...