InicioEconomíaO polígono industrial de Rábade contará con videovixilancia intelixente

O polígono industrial de Rábade contará con videovixilancia intelixente

O programa da Consellería de Economía para mellorar as condicións dos terreos adicados á actividade empresarial aumentará a seguridade do polígono lucense

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dentro do plan da Xunta de Galicia para mellorar as condicións de traballo no solo industrial, o executivo autonómico financia a implantación dun sistema de videovixilancia no polígono de Rábade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 29.000 euros, o 80 por cento do custe total de instalación.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería ten en marcha un novo programa de apoios para incrementar as infraestruturas e dotacións dos polígonos industriais. O obxectivo é “contribuír a crear espazos favorables para a actividade económica e deste modo impulsar a competitividade do noso tecido empresarial”.

No caso concreto de Rábade, o investimento servirá para instalar un moderno sistema de vixilancia, baseado en tecnoloxía intelixente que proporciona percepción da situación de risco en tempo real. Este tipo de instalación permitirá detectar e responder con maior axilidade ante unha incidencia. Entre outras ferramentas, sérvese de cámaras que procesan por si mesmas as imaxes e envían á central sinais de aviso.

As obras consisten na instalación do armario principal, incluíndo equipamento de fibra, videogravador, discos duros, e instalación en altura de 13 cámaras e de todo o cableado eléctrico e de datos necesario.

No conxunto da provincia de Lugo, o goberno galego investirá este ano 1,3 millóns de euros para intervir en 15 concellos. Esta liña de apoios está a permitir a modernización dos parques empresariais como dinamizadores da economía e do emprego local, na procura da súa mellora competitiva. Recentemente avanzouse unha partida para mellorar as conexións do polígono de Becerreá.

As achegas están destinadas esencialmente a executar actuacións en redes viarias e sistemas de saneamento, mellorar a xestión de residuos, e implantar sistemas de seguridade, como neste caso.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...