InicioMedioambiente e PatrimonioO alcalde de Rábade advirte dos riscos do convenio de extinción da...

O alcalde de Rábade advirte dos riscos do convenio de extinción da Xunta

Fernández Montes, rexedor do concello lucense, asegura que a política forestal debería ser competencia exclusiva da Xunta – Di que o convenio é atractivo polo beneficio político, pero o cualifica de arriscado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tan só 2 concellos dos 67 que hai na provincia de Lugo rexeitaron o convenio de extinción de Medio Rural. En Xornal de Lemos trataron o caso específico de Pobra de Brollón, cunha entrevista ao rexedor José Luis Maceda. Desta vez é Francisco Fernández Montes, alcalde de Rábade, quen explica os motivos para non subscribir o concerto ofrecido pola Xunta de Galicia.

O principal problema “é unha actitude por parte da Xunta de botar balón fóra cara os Concellos, que non temos capacidade para afrontar un problema tan serio como son os incendios forestais”. “Eu non me sinto capacitado para dirixir unha brigada forestal aínda que sexa con axuda dun capataz –explica–, nin para asumir os riscos que asumen estas brigadas”. Por outra banda, considera que a política antiincendios “ten que estar defendida por persoal especializado, non por contratos temporais“.

Fernández Montes fala dunha finalidade política detrás do convenio, para que os concellos fagan as contratacións e as rendabilicen politicamente”. “Ao final, a política forestal está privada de ser atendida por xente experta e continuidade”, valorou. “Cremos que non é o xeito de afrontar o problema e, aínda por enriba, non é competencia municipal. O custe económico que ten para os concellos faino inasumible; en Lugo hai 2 que non o subscriben, pero en Galicia hai 37“. E segundo explica, a maior parte dos municipios que rexeitan asumir estas competencias fan o mesmo plantexamento. “Firmar este tipo de convenios é respaldar unha solución que só é un parche mal amañado“.

Sobre os motivos do concello de Pobra de Brollón para rexeitar o concerto, entre os que estaban supostos impagos da Xunta, di que “nós nunca subscribimos este convenio; non paramos a valorar se os pagos tiñan retraso. Si que é certo que calquera que o subscriba ten que adiantar unha cantidade de diñeiro moi importante que, en moitas ocasións, deixa a tremer á administración.

Así, insistiu en que para o goberno local a decisión “non é de operatividade dos pagos, é unha decisión política; non podemos respaldar o xeito de afrontar o lume desde unha administración que nin ten competencia nin capacidade para asumilo“. Para Fernández Montes, as obrigas de contratación e dirección da extinción “están lonxe da capacidade dun concello non xa pequeno coma o noso, tamén de concellos máis grandes”.

O alcalde de Rábade reflexionou sobre o reparto de competencias. “Eu creo que se a Sanidade, a Educación e a Xustiza teñen as súas plantillas e o seu persoal, contratado e dotado de xente con experiencia, pois os incendios e a política forestal non son menos importantes como para estar dotadas desa estabilidade. Penso que é o camiño a seguir”.

Así as cousas, avisa de que a motivación para firmar o convenio é soamente política, porque “permite aos alcaldes contratar persoal e dotar as brigadas”. Aliás, dende a súa perspectiva non lle inspira confianza porque dubida de que o persoal que poidan contratar as brigadas municipais sexa o máis axeitado para afrontar as intervencións. “Ese é o risco”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...