InicioSociedadePortomarín homenaxea a dous veciños vítimas do terrorismo de ETA

Portomarín homenaxea a dous veciños vítimas do terrorismo de ETA

O Concello organizou un acto de solidaridade co garda civil Constantino Gómez Barcia, asasinado en 1977, e Adelina Somoza Rodríguez, ferida no atentado de Hipercor

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Portomarín organizou este venres unha homenaxe a dous veciños vítimas do terrorismo. Este acto serviu para recoñecer o servizo de Constantino Gómez Barcia, garda civil asasinado en Mondragón o 13 de marzo de 1977, e expresar a solidaridade dos lucenses con María Elvira Adelina Somoza Rodríguez, gravemente ferida no atentado de ETA no Hipercor de Barcelona o 19 de xuño de 1987.

Xunta de Galicia

En Portomarín estiveron presentes os representantes políticos da provincia e dos corpos e forzas de seguridade que participaron na loita antiterrorista. Especialmente emotiva foi a intervención da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. “Este é un acto sinxelo, pero cheo de simbolismo e de agarimo. Sabemos que nada poderá compensar o sufrimento causado polos terroristas. Pero queremos que as nosas vítimas non se sintan soas, senón agarimalas e abrazalas para que sintan a nosa solidariedade”.

Subdelegación do Goberno

“Lembramos hoxe aquí a Constantino Gómez Barcia, un home novo, comprometido coa defensa dos nosos dereitos, un garda civil que deu a súa vida cumprindo coa misión que ten encomendada a Benemérita: garantir as liberdades de todos os cidadáns. Por cumprir a súa obriga e coidar de nós, Constantino foi asesinado en cando estaba no mellor da vida. Só tiña 21 anos. É de xustiza que os seus familiares reciban a nosa gratitude e cariño. Como o é manifestarllo a Adelina Somoza Rodríguez e aos seus seres queridos. Adelina é outra vítima inocente, que sofríu unha experiencia durísima, das que deixan pegada para sempre. Unha muller que saiu da casa, por algo tan cotidián como facer unha compra nun hipermercado e que acabou vivindo un horror”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...