InicioLugo e contornaPortomarínSorpresa nas filas populares pola renuncia ao seu cargo do alcalde de...

Sorpresa nas filas populares pola renuncia ao seu cargo do alcalde de Portomarín

Juan Serrano anunciara que non se presentara á reelección pero a súa marcha precipitada causou sorpresa no PP.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano (PP), presentou a súa renuncia como rexedor no municipio no que goberna con maioría absoluta –cinco concelleiros por catro do PSOE–. Accedeu ao cargo en 2011.

A renuncia á Alcaldía foi presentada o pasado venres ao mediodía, segundo ratificaron fontes municipais, aínda que non transcendera. Serrano xa anunciara que non pensaba optar á reelección en 2023, aínda que o abandono causou sorpresa. Será substituído no cargo, previsiblemente, polo tenente de alcalde, Pablo Rivas.

Un dos últimos actos públicos no que se viu a Serrano foi o congreso dos populares de Lugo, en que repetiu como presidenta provincial Elena Candia. Así, no congreso celebrado en Outeiro de Rei o pasado 19 de setembro, non houbo indicios do movemento inminente, que tamén causou certa sorpresa nas filas populares, aínda que coñecían a intención de non optar á reelección en 2023 para dedicarse á súa empresa familiar.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...