O centro de maiores de Outeiro de Rei tivo unha falsa médica durante un mes

O Colexio Oficial de Médicos de Lugo foi o que alertou á dirección do xeriátrico da situación irregular da suposta profesional.

Médico / prevencionar.com

Unha falsa médica exerce durante un mes nun centro de maiores de Outeiro de Rei

Unha falsa médica chegou a exercer durante un mes, xustamente o período de proba, nun centro de maiores situado no municipio lucense de Outeiro de Rei, ata que o propio Colexio de Médicos de Lugo alertou á dirección desa residencia de que a suposta facultativa achegara documentación fraudulenta para formalizar a súa inscrición.

No escrito remitido polo centro aos familiares dos residentes, ao que tivo acceso EFE, infórmase de que o “7 de outubro esta persoa iniciou a súa actividade na residencia en período de proba, unha vez que presentou toda a documentación requirida para empezar a ?exercer como médico”.

Entre outras credenciais, achegou o seu número de colexiada no Colexio de Médicos da Coruña. Con todo, por parte da dirección da residencia explicóuselle que “ao pertencer o centro á provincia de Lugo, era o súa deber colexiarse no Colexio de Médicos de Lugo”, esixencia coa que se mostrou conforme.

Con todo, “o pasado 6 de novembro, a dirección do centro recibe unha comunicación do Colexio de Médicos de Lugo na que se lle informa de “que a documentación que presentara a suposta médica era falsa”. Nese momento, comunicouselle a esta persoa que dispuña de 24 horas para que acredite a veracidade da documentación entregada, xa que pola contra procederase a prescindir dos seus servizos.

Pasado ese prazo e sen obter resposta algunha pola súa banda, o centro comunicoulle o pasado 7 de novembro que non superara o período de proba, quedando así desvinculada da residencia. Engade, ademais, que o persoal da residencia “revisou minuciosamente todo o traballo realizado nese tempo por esta persoa e comprobou que todo foi correcto”.

A dirección do xeriátrico informa as familias de que o centro funciona “con total normalidade, seguridade e coa garantía da mellor atención posible, ademais de lamentar “profundamente” esta situación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here