InicioCulturaOuteiro de Rei mantén vivo o legado de Manuel María como dinamizador...

Outeiro de Rei mantén vivo o legado de Manuel María como dinamizador cultural

O VI Convivio celebrarase este sábado 13 de xullo. Gaitas e pandeireitas, baile tradicional, camiñatas e comidas campestres serán algúns dos protagonistas da xornada, que tamén conta coa presenza de Isabel Risco

PUBLICADA O

- Advertisement -

Outeiro de Rei vivirá unha xornada festeira e chea de tradición o vindeiro sábado 13 de xullo. Será da man do VI edición do Convivio da Cultura Galega, unha cita pensada para recuperar o espírito comunitario da vella romaría de Santa Isabel e para homenaxear a figura do poeta Manuel María.

Precisamente, é a Casa-Museo Manuel María, xunto á Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, quen organiza o encontro. Aínda que a celebración virará en torno ao “alicerce do movemento cultural galego” que foi o escritor, as actividades non quedan só aí. Música, comida, camiñatas… son algunhas das propostas das que se poderá gozar en Outeiro.

O Convivio comezará ás 11:30 horas na horta da Casa-Museo, onde actuará o coro da asociación cultural e musical Solfa. Dende alí, os asistentes botarán a andar ao son das gaitas cara ao cemiterio de San Xoán, lugar onde está prevista unha ofrenda floral a Manuel María. Ademais, intervirá o arqueólogo e divulgador cultural Felipe Senén, xusto antes de baixar á Carballeira de Santa Isabel.

Case a un tempo, ás 12:15, o Convivio tamén garda un oco para unha xuntanza das entidades que conforman a Federación Galiza Cultura. Será no auditorio da Casa-Museo e alí organizarán novas iniciativas conxuntas para os próximos meses.

O resto das persoas non terán que agardar por que siga a festa. No medio do verde e ao pé do río, a Banda Municipal de Música de Rábade-Begonte-Outeiro, ‘Sons e soños’, dará un concerto a iso das 13:00 horas. Logo diso, será o momento para o xantar campestre, para o cal cadaquén deberá levar a súa comida, tal como se facía tradicionalmente. Posteriormente, ás 17:00 horas, iniciarase unha foliada dinamizada pola famosa actriz Isabel Risco e por numerosos grupos de música tradicional.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...