Ferida grave unha muller do Corgo ao derrubarse parte da súa vivenda

ARQUIVO | Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo
ARQUIVO | Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

Unha muller resultou ferida de gravidade despois de derrubarse o chan da súa vivenda e caer á planta inferior na parroquia de Campelo, no Concello lugués do Corgo. O accidente aconteceu na noite do martes, nunha casa situada en Campelo.

Segundo o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron moitas dificultades para rescaatr á muller e foi falla a presenza dos bombeiros de Sarria e a axuda dos axentes da Garda Civil.

Finalmente, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias conseguiu chegar até ela e iniciar o seu traslado urxente dadas as lesións de carácter grave que presentaba.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here