InicioLugo e contornaO CorgoO acusado de agredir sexualmente a unha curmá con discapacidade no Corgo...

O acusado de agredir sexualmente a unha curmá con discapacidade no Corgo mantén que as relacións foron consentidas

O acusado testemuñou que foi ela a que empezou a falar con el e que comezaron a "bicarse", para despois irse a un 'pendello' onde consumaron a súa relación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O veciño de Santa María de Piñeiro, no Corgo, acusado de agredir sexualmente a unha muller con discapacidade negou os feitos e mantivo este que as relacións foron consentidas. O xuízo arrincou este martes na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

A Fiscalía solicita 13 anos de prisión por presuntamente ter agredido sexualmente a esta muller, que presenta unha discapacidade intelectual do 65 por cento, nun alpendre próximo ao domicilio de ambos, nesta parroquia do Corgo. Ademais pide 8.000 euros de indemnización e unha orde de afastamento durante 15 anos.

Segundo a acusación pública, os feitos rexistráronse sobre as 17,00 horas de 9 de novembro de 2016, cando o procesado atopouse coa muller e pediulle que lle acompañara a un alpendre co propósito de manter relacións sexuais, ao que ela negouse.

A Fiscalía sostén que, nese momento, ameazouna con publicar uns vídeos dela, difusión que ela temía. No xuízo, o home (S.S.L) admitiu que mantiña unha relación “boa” coa muller (eran “curmáns segundos”) e que a que consideraba como unha “persoa normal” e “como outra calquera”. O acusado testemuñou que foi ela a que empezou a falar con el e que comezaron a “bicarse”, para despois irse a un ‘pendello’ onde consumaron a súa relación.

O home negou ameazala con exhibir vídeos comprometedores ou forzala e suxeitarlle as mans e precisou que foi ela a que se tombou encima dun chaleco e que, tras acabar e despedirse, “ela marchou á súa casa”.

A avogada, Mari Sol Luaces, anunciaba antes de entrar na sala que ía pedir a libre absolución, debido ás versións facilitadas pola suposta vítima. “Fixo chegar á Garda Civil unha carta na que ela recoñecía que fora cousa dos dous, que foi ela a que quería, que pedía desculpas e que non quería que continuase o tema e a pesar desa carta o tema continuou”, explicou.

A letrada aseguraba que ela facilitou “distintas versións do que ocorreu”. “Fala de que a pegou, que a arrastrou, que a tirou ao chan e arrastrouna, noutras denunciou que a ameazou con divulgar uns vídeos e que por medo aceptou e ela recoñece que nunca viu eses vídeos, e que non lle consta que existan, e a defensa baséase en que non hai ningunha proba de cargo porque ademais o informe forense di que non se advirten lesións”.

Pola súa banda, a acusación particular mantén a petición da Fiscalía. En canto á carta á que alude a defensa, que exoneraría o acusado, asegura que a misiva “foi obrigada” por un familiar da vítima.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...