InicioSociedadeA discutida interpretación da Fiscalía sobre a explotación de menores no Corgo...

A discutida interpretación da Fiscalía sobre a explotación de menores no Corgo obriga a arquivar o caso

O Ministerio Público non observou elementos de delito de "prostitución coactiva" no club Liverpool do Corgo porque non se sabe se "hai un beneficio económico directo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Galega Contra a Trata, que integran dez asociacións galegas, expresou o seu “profundo malestar” co contido dun informe da Fiscalía de Lugo que conduciu ao arquivo dunha das pezas separadas da ‘Operación Carioca’, a relativa ao Club Liverpool no Corgo. A Fiscalía remitiu este informe ao xulgado número uno, que leva esta operación sobre unha trama vinculada á prostitución, o pasado 24 de novembro.

No informe, excúlpase ao propietario do devandito club, á súa compañeira sentimental e a dous axentes da Garda Civil e se xustifica en que para ser autor dun delito de “prostitución coactiva” é preciso a concorrencia dunha serie de elementos, como que “unha persona exerza a prostitución mediante o emprego de violencia, intimidación, engano ou como vítima do abuso de superioridade ou da súa situación de necesidade ou vulnerabilidade”.

Ademais, enumera que “quen obtén o rendemento económico á conta da explotación sexual allea sexa coñecedor das circunstancias que determinan á persona prostituída a manterse no exercicio da prostitución”, e que “a ganancia económica, fixa, variable ou a comisión, sexa un beneficio económico directo”.

Así mesmo, a acusación publica abunda en que o “Código Penal aplicable non prevé responsabilidade penal do dó do local no que se exerza a prostitución, e obviamente sexa partícipe dos beneficios, suposto que a doutrina e a xurisprudencia denomina tercería locativa, xa que cando se trata de prostitución de persoas maiores de idade só permanece tipificada a conduta de quen permanece coactivamente mediante engano ou abusando dunha situación de necesidade ou superioridade”.

TERMOS DO INFORME

Así se desprende do informe da Fiscalía que “o artigo 188 non pretende a protección da moralidade pública, nin da honestidade das persoas, xa que o exercicio libremente decidido da prostitución é unha actividade irrelevante para o Código Penal”.

A Rede Galega Contra a Trata móstrase “preocupada” polos “termos en que se expresan algúns argumentos vertidos no documento”, xa que, avisa, “derivan incompatibles coa dignidade da muller, a igualdade de xénero e os dereitos humanos”. Tamén “sorprende” a este colectivo que se “considere a precariedade económica extrema das concretas mulleres que exercen nun club como un mero dato social sen relevancia normativa”.

A rede censura que “o feito de que o dono dun bordel impoña ás mulleres un horario estrito, suxíralles non usar preservativo e as deixe descansar un día á semana sexa para a fiscalía indicio de mesura”.

Concretamente, critica que a Fiscalía cuestione que se poida imputar ao titular do negocio un delito sen probar que ten “beneficios” da actividade e que “persoalmente obrigou ou coaccionó dalgunha maneira á vítima a exercer a prostitución ou, polo menos, tiña coñecemento” de que se atopaba nesa situación. “Pois non é delito o mero feito de cooperar ou protexer a prostitución dunha persona maior de 18 anos”, di o informe da Fiscalía.

“ASOMBRO”

Outro aspecto polo que subscriben é que non poden ocultar o seu “asombro” ante a condescendencia probatoria, din, con que é tratada a situación dunha menor de idade que é “achada nun club portando un pasaporte –exhibido ao proxeneta e á policía– no que o ano de nacemento está corrixido cun bolígrafo”.

Con respecto á menor, a Fiscalía pon o acento en que o dono do local foi detido o 10 de xullo de 2009 e conclúe que a moza cando lle mostrou o pasaporte ao suposto proxeneta alterara ” o ano de nacemento”. “Cando este o solicitou, aparecía como data de nacemento o 27.10.1990, sendo alterado o ano de nacemento, que en realidade era 1991”, di a o Ministerio Público.

Finalmente a Rede fai especial fincapé en que se antolla “inquietante que certas relacións entre algúns membros da Benemérita cos empresarios dos bordeis sexan cualificadas como de simple cortesía ou, como moito, sexan tachadas de leves infraccións administrativas”.

As organizacións que compoñen a Rede Galega contra a Trata son: ACEM (Coruña), Adoratrices-Érguete Muller (Ourense), Aliade-Ultreia (Lugo), Asociación Faraxa (Vigo), Cáritas-Programa Muller (Lugo), Cáritas-Alumar (Ourense), Ecos do Sur (A Coruña), Médicos do Mundo Galicia, Oblatas-O Mencer (Ferrol) e Oblatas-Vagalume (Santiago de Compostela).

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...