InicioEconomíaEl Progreso inicia un plan de reconversión que inclúe prexubilacións e despido...

El Progreso inicia un plan de reconversión que inclúe prexubilacións e despido de traballadores

PUBLICADA O

Un total de trece traballadores do Grupo El Progreso de Lugo, a maior parte deles xornalistas, eran despedidos a pasada semana. Unha decisión que traballadores do propio xornal “vían vir” ante a mala situación económica que atravesa esta empresa de comunicación.
De feito, estes despedimentos non son os únicos que afrontará El Progreso. Veñen acompañados de prexubilacións e da non renovación doutros traballadores aos que lles rematan contratos, ben sexan laborais ou contratos Feuga. En total, esta primeira medida afectou, segundo as fontes consultadas por GC a máis de 30 persoas. O principal obxectivo é reducir o cadro de persoal do grupo de comunicación máis importante da provincia de Lugo, que xa fora afectado por outros despedimentos nos últimos anos, aínda que moi inferiores ao destes días.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)  lamentou “profundamente” estes despedimentos e fixo un chamamento para evitar o “progresivo desmantelamento de medios na provincia de Lugo”. Podes ler toda a información no xornal Galicia Confidencial.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...