InicioPolíticaO PP recorre o nomeamento do director de RR.HH. de Lugo

O PP recorre o nomeamento do director de RR.HH. de Lugo

Os populares lucenses dan este paso logo de confirmarse a designación do cargo, nomeado sen proceso selectivo previo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular vén de presentar un recurso de reposición por vía administrativa contra a decisión do Concello de Lugo de nomear sen publicidade e concorrencia ao Director de Recursos Humanos. Así o manifestou o voceiro popular Antonio Ameijide, quen subliñou que con este trámite queren pór de manifesto que “esta dirección xeral é innecesaria e ilegal” insistindo en que a alcaldesa “podería estar incurrindo en prevaricación e malversación de fondos públicos ao tomar esta decisión”.

“O recurso de reposición que debe resolver a Xunta de Goberno local é un paso previo a emprender accións xudiciais se así se estimase oportuno e fose necesario”, aclarou o representante dos populares lucenses.

Tal e coma manifestou Ameijide, “dende o minuto un puxeron no punto de mira” este cargo denunciando “o oscurantismo do nomeamento deste posto”  e asegurando “que se fixo unha praza a medida que nos custa 5.000 euros ao mes aos lucenses”. “Levamos gastado 120.000 euros pola dirección xeral e ata o de agora só serviron para pagar a amigos da alcaldesa”.

Ameijide dixo que as explicacións de onte do pleno confirmaron que “o PSOE fai unha lectura inapropiada e sesgada” acerca do proceso, que non contempla todas as normativas complementarias. “A alcaldesa esgrimía unha lei que non era a adecuada, de feito os Tribunais Superiores de Xustiza empregan outras normativas”.

O voceiro popular apuntou a que existen precedentes noutros concellos españois –Granada e As Palmas– nos que se anularon os nomeamentos dos seus respectivos Directores Xerais porque o proceso selectivo que se utilizou para cubrir os postos non xustificaban adecuadamente eximir a necesidade de ser funcionario.

“O Concello de Lugo non só non xustifica adecuadamente que non sexa funcionario, senon que directamente non houbo ningún proceso de selección, publicidade e concurrencia para cobrir o posto, o que fixeron foi a cacicada de coller a unha persoa afín directamente” reflexionou.

Horas extraordinarias

O voceiro do grupo popular desvelou que no que vai de ano se pasaron no Concello de Lugo un total de 9.602 horas extraordinarias que supoñen un importe de 135.000 euros.

Así, indicou que o “descontrol chega a tal punto” que existen informes negativos que bloquean os pagos dos servizos prestados de forma extraordinaria neste 2018, e a maiores a inmensa maioría do último trimestre están sen aboar. “Estamos diante dun goberno moroso que nin paga a proveedores, ni paga aos funcionarios” subliñou.

Ameijide resumiu en que, ao seu xuízo, a situación de personal que se vive en Lugo é froito da mala planificación dos recursos humanos do Concello, de que non se executa a oferta de emprego público, e do “desmantelamento sistemático de servizos”.

Ao fío da prestación de servizos extraordinarios, dende o Partido Popular tamén valoraron a sentenza que vén de anular a modificación e maila contía dos importes das horas extras municipais. Segundo esta formación, “supón un varapau máis á política de persoal do PSOE“, posto que a suba foi plantexada pola anterior Directora Xeral de Recursos Humanos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...