InicioPolíticaCasado defende en Lugo a "política dende abaixo cara a arriba"

Casado defende en Lugo a “política dende abaixo cara a arriba”

Pablo Casado afirma que o Partido Popular foi privado da alcaldía de Lugo "por un feixe de votos" e arenga a "dar a batalla" para situar a cidade "onde merece"

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, afirmou que malia vinte anos de goberno socialista, Lugo segue a ser unha cidade “marabillosa” porque o rico patrimonio e a sociedade de seu souberon sobreporse a “malas políticas provinciais e municipais”. O máximo dirixente dos conservadores participou este xoves nun acto con simpatizantes na sede provincial da formación.

Fíxoo en compaña da presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, e mailo alcaldable Ramón Carballo. A el referiuse coma “alcalde”, ao que o candidato replicou que “aínda faltan dous [sic] meses”. Sen negalo, Casado “fixou o prazo” para chegar á alcaldía e regresar ás “boas políticas”.

O presidente dos populares afirmou ter, perante a inminente convocatoria electoral, unha “visión optimista”, e asegurou que aspira a que “España se goberne como en Galicia”, con “honestidade e eficacia”, e sempre coa idea de que “a política faise de abaixo cara a arriba”. Durante a intervención, Casado lembrou que o Partido Popular foi privado da alcaldía de Lugo en varias ocasións “por un feixe de votos”, e avanzou que desta vez os militantes “van dar a cara” sen “escatimar esforzos” para lograr o cambio e situar o municipio “no lugar que merece”.

PP

Aproveitou Casado a presencia de alcaldes da provincia de Lugo para pedirlles o seu apoio e para que se dirixan a cidadáns dos respectivos municipios que poidan convencer a familiares e amigos na capital lucense de apoiar o proxecto do Partido Popular.

Carballo, por outra banda, afirmou que “a alcaldesa abriu problemas onde non os había” e coa xestión “agrandou” os que xa estaban presentes en Lugo. Criticou tamén aos “cómplices” que atopou o Partido Socialista “na esquerda” por contribuír a que o Concello se atope en “parálisis total”.

A nivel provincial, Candia lembrou que o Partido Popular “só sabe gañar eleccións, aínda que algunhas veces gobernan e outras non”. A dirixente provincial salientou que “España e os españois” teñen motivos “para mirar a Lugo por moitas razóns”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...