Detido en Lugo un xove buscado por un delito contra a seguridade vial

A Policía Nacional localizou e detivo a un individuo con antecedentes penais cando "deambulaba" polas rúas de Lugo

(Arquivo) Unidade do Corpo Nacional de Policía | Contando Estrelas
(Arquivo) Unidade do Corpo Nacional de Policía | Contando Estrelas

EFE – Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron en Lugo a un xove sobre o que pesaba unha orde de busca e ingreso en prisión por un suposto delito contra a seguridade do tráfico. A detención produciuse na noite do martes.

Os axentes localizaron o sospeitoso contra as 21.40 horas, cando este “deambulaba polas rúas da cidade”. Procederon inmediatamente, despois de identificalo, á detención. Este individuo terá que responder por conducir cunha taxa de alcohol “moi superior” á permitida pola lei.

O arrestado, con antecedentes penais, foi posto este mércores a disposición da autoridade xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here