Atropelados en Lugo dous adolescentes camiño de clase

Os dous rapaces, un mozo e unha moza de 15 anos de idade, tiveron que ser trasladados en ambulancia para recibir atención hospitalaria

Os dous rapaces atropelados cruzaban un paso de peóns na Residencia | Google
Os dous rapaces atropelados cruzaban un paso de peóns na Residencia | Google

Dous xoves foron atropelados en Lugo a primeira hora deste venres cando se dirixían a clase. Os dous alumnos do instituto, un mozo e unha moza, ámbolos de quince anos de idade, tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Os adolescentes cruzaban un paso de peóns no barrio da Residencia, no recanto de Orquídea con Serra de Outes, cando foron alcanzados por un vehículo. O suceso aconteceu contra as 08.30 horas, segundo recolle o GaliciaConfidencial.

Como consecuencia, os dous atropelados quedaron feridos e precisaron de traslado, a fin de recibiren atención hospitalaria. O condutor implicado no suceso deu negativo da proba de alcoholemia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here