InicioSucesosUnha persoa ferida en Lugo logo de envorcar e quedar atrapada no...

Unha persoa ferida en Lugo logo de envorcar e quedar atrapada no coche

O accidente na estrada de Lugo a Ombreiro ao paso pola parroquia de Tirimol obrigou ao traslado hospitalario da persoa ferida

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos sanitarios trasladaron de urxencia a unha persoa ferida a consecuencia dun accidente de tráfico na parroquia de Tirimol, en Lugo. As informacións da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) apuntan a que o vehículo que pilotaba envorcou na estrada que conecta a cidade co núcleo de Ombreiro.

Como traslada o organismo oficial, pasadas as 11.30 horas deste luns un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, para dar aviso dun sinistro na freguesía de Tirimol. Un coche envorcara e a única persoa involucrada quedara atrapada no interior do turismo.

De inmediato, os xestores do CIAE trasladaron os datos dispoñibles ás urxencias sanitarias do 061, os Bombeiros de Lugo e a Garda Civil de Tráfico, convocando asemade á Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Trala intervención, o persoal sanitario confirmou o traslado da persoa ferida ao centro hospitalario de Lugo.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...