InicioLugo e contornaLugoUn informe da Xunta tomba o plan da nova praia fluvial de...

Un informe da Xunta tomba o plan da nova praia fluvial de Lugo

O emprazamento proposto polo Concello afectaría a dúas especies protexidas, segundo a CHMS.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) –organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica– considera que “non é autorizable” a nova localización proxectada polo Concello de Lugo para unha praia fluvial no río Miño, con base no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta.

No seu informe, a Administración autonómica indica que o novo emprazamento da zona de baño non é autorizable porque causaría danos á colonia e o hábitat de dúas especies protexidas existentes no lugar da instalación proxectada.

“Atendendo ao informe da Xunta de Galicia, preceptivo e vinculante, non é autorizable a nova localización, independentemente de que desde o punto de vista da normativa de Augas que establece as competencias dos organismos de conca, si cumpre”, explica o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga.

Agora, a Confederación Hidrográfica abre o trámite de vista e audiencia de 15 días de alegacións ao expediente, unha vez recibido o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente que é desfavorable á nova localización proposta polo promotor de expediente, o Concello de Lugo.

POSIBILIDADE DE CAMBIO

No entanto, engade que o Concello de Lugo tamén ten a posibilidade de alegar e achegar nova documentación que poida cambiar o criterio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta.

“O trámite de vista e audiencia posibilita ao Concello a achegar nova documentación que posibilite a viabilidade desde o punto de vista ambiental”, matiza o presidente. “Desde a CHMS seguiremos pondo todos os medios dispoñibles para que os veciños de Lugo poidan gozar da tan ansiada zona de baño”, conclúe Quiroga

O Concello de Lugo acusou á Xunta de “negar” unha praia fluvial aos lucenses, mentres considera que “o informe de Patrimonio Natural trata de coartar a lexitimidade do permiso outorgado por 25 anos e ao que deu o seu beneplácito en 2019”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...