InicioEconomíaO novo auditorio de Lugo require máis dun millón de euros para...

O novo auditorio de Lugo require máis dun millón de euros para arranxar danos

A alcaldesa presentou o proxecto para arranxar danos en cubertas, fachadas, revestimentos e pavimentos dun edificio "que a Xunta entregou sen mantemento e coas garantías caducas", denuncian.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este martes o proxecto de execución do novo auditorio, que recolle as obras que desenvolverá a Administración local co fin de arranxar as deficiencias e danos que presenta o edificio, derivadas, sinala o consistorio, dos seus problemas estruturais e da “falta de mantementopor parte da Xunta de Galicia” desde que finalizou a súa execución, en abril do 2016, e ata que o Concello o recibiu a finais de xuño do 2020.

A rexedora, acompañada da tenenta de alcaldesa, Paula Alvarellos, e dos arquitectos do proxecto, avanzou que finalmente, tras a última avaliación, o investimento municipal ascenderá a máis dun millón de euros. “Destinaremos un novo investimento millonario para poder abrir o novo auditorio – que aínda non foi inaugurado nin estreado – debidamente acondicionado e urbanizado e con todas as garantías de seguridade para o público, o que supón unha burla para a cidadanía de Lugo”, destacou.

INTERVENCIÓN EN DOUS EIDOS

Dos primeiros estudos realizados (onde se cifraban en máis de 200 as deficiencias a arranxar) ata o proxecto de execución final, arquitectos e técnicos foron recompilando todas deficiencias que necesitarán intervención en dous eidos, segundo incidiu a alcaldesa.

Por unha banda, o proxecto abrangue actuacións encamiñadas a reparar os numerosos danos que presenta o inmoble, pero tamén os problemas estruturais e deficiencias construtivas “que, de non solucionarse,  obrigaría a realizar de novo obras máis adiante”, aclarou. Estas deficiencias, causadas por humidades procedentes do exterior afectan ás cubertas, fachadas, estruturas, carpintería exterior, revestimentos interiores e pavimentos.

Por outra banda, será necesario desenvolver a urbanización do exterior do Auditorio, con actuacións, asegurou, “de moita maior envergadura que o seu simple axardinamento”, xa que é necesario reconducir o acceso cara a fachada principal. A este respecto, Lara Méndez sostivo que a profunda remodelación da urbanización dará, ademais, solución a patoloxías do edificio tamén detectadas nas áreas exteriores, “e aproveitarase para mellorar a accesibilidade ao inmoble e para enriquecer os espazos exteriores co fin de que dean apoio á funcionalidade cultural do Auditorio”, explicou.

O obxectivo, incidiu a alcaldesa, é, “xa co proxecto de execución finalizado, abrir canto antes o proceso de licitación das obras co fin de poñer o Auditorio ao servizo da cidadanía o antes posible, pero nunhas condicións óptimas e de máxima seguridade e funcionalidade”.

 

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...