InicioLugo e contornaLugoConvocada a terceira edición dos 'Lugo cambia ao turismo lucense' e 'E...

Convocada a terceira edición dos ‘Lugo cambia ao turismo lucense’ e ‘E para comer, Lugo’

A deputada de Turismo e portavoz socialista, Pilar García Porto, avanzou, igualmente, que este ano "como novidade e de forma exclusiva, só por esta anualidade", inclúese "unha terceira modalidade enfocada ao turismo sustentable".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou as bases e convocatoria da terceira edición dos premios “Lugo cambia ao turismo lucense’ e “… E para comer, Lugo”.

A deputada de Turismo e portavoz socialista, Pilar García Porto, avanzou, igualmente, que este ano “como novidade e de forma exclusiva, só por esta anualidade”, inclúese “unha terceira modalidade enfocada ao turismo sustentable”.

Esta “última categoría dos premios”, detallou, “que foi aprobada previamente polo Consello Provincial de Turismo, enmárcase dentro das accións que levarán a cabo como antesala do evento Copa España creativa, Forum Lugo 2022.

García Porto precisou que a Deputación será “anfitrioa deste evento porque o ano pasado gañouse este premio cun proxecto de recuperación e posta en valor dos ‘soutos’ da reserva da Biosfera dos Ancares lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá”.

“As candidaturas van poder ser presentadas a título individual ou dunha terceira persoa co consentimento expreso do candidato ou candidata”, puntualizou, en relación aos outros dous premios.

LISTAXES DE EMPREGO TEMPORAL

Tamén se acordou na reunión semanal do goberno provincial, “a convocatoria e as bases específicas para a constitución de tres listados de emprego temporal na Deputación de Lugo, en concreto para peón na Granxa Gayoso Castro, para peón para a reparación de vías provinciais e para oficial de oficios múltiples”.

“Este tres listados vainos a permitir incorporar, de forma áxil, efectivos cando existan motivos de necesidade e urxencia. Estas convocatorias sairán publicas no Boletín Oficial da Provincia”, concluíu.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...