InicioEconomíaMaite Ferreiro prensenta a campaña Lugo Km 100, unha aposta turística polo...

Maite Ferreiro prensenta a campaña Lugo Km 100, unha aposta turística polo patrimonio histórico e cultural

A presentación do Concello de Lugo tivo lugar hoxe no espazo de Galicia, na Feira Internacional de Turismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu esta mañá á Feira Internacional de Turismo Fitur, onde realizou a nova presentación da campaña Lugo Km 100 posta en marcha pola área de Cultura e Turismo. Maite Ferreiro explicou que “o obxectivo deste ano non é novo, continuar a ensinarlle ao resto do mundo o que fai especial a Lugo e convidar a todo o mundo a descubrilo con nós”.

A concelleira de Turismo afirmou na presentación que “os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galiza”.

A campaña Lugo Km 100 foi presentada na edición 2020 de Fitur, como unha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural. A campaña está acompañada de diversas accións realizadas polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela. A presentación do Concello de Lugo en Fitur continuou coas intervencións do concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto e da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e unha proxección sobre o Arde Lucus.

 

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...