InicioLugo e contornaLugoDenunciado un local de hostalaría por seguir aberto fóra de horario pola...

Denunciado un local de hostalaría por seguir aberto fóra de horario pola normativa Covid

O local foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou denuncia a un local de hostalaría da capital luguesa por seguir aberto fóra de horario pola normativa establecida pola pandemia da Covid-19.

Segundo informou a Policía Local, no marco dun control para velar polo cumprimento das medidas Covid, ás 00,45 horas da noite deste mércores axentes de Policía de Barrio comprobaron que un local de hostalaría da rúa Luís Seoane estaba aberto ao público e atendía á clientela. Por iso, indican as mesmas fontes municipais, o local foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Por outra banda, durante a tarde do mércores pasado unha unidade de Policía de Barrio trasladouse á rúa Pena do Rei onde, segundo información telefónica, había un establecemento público sen pechar e sen que se observase a ningunha persoa no interior.

Unha vez no lugar, axentes constataron que non había ninguén e procederon a contactar co titular do establecemento quen acudiu para comprobar que non faltaba nada no local. Segundo manifestou o dono, posiblemente tratouse do “descoido dalgún traballador” á hora de peche, indicaron as mesmas fontes.

FESTA

Doutra banda, ás 23,35 horas deste pasado mércores axentes de Policía de Barrio desprazáronse a un domicilio de Camiño Real onde se realizaba unha festa con música que molestaba aos veciños.

Os policías advertiron aos moradores das molestas que causaban, tras o que apagaron a música de inmediato”, destacou a Policía Local, e abandonaron a vivenda cinco persoas. Foron denunciados por infracción á ordenación de Protección Ambiental.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...