InicioLugo e contornaLugoO suceso do home que empurrou a unha moza da muralla podería...

O suceso do home que empurrou a unha moza da muralla podería ser un novo caso de violencia transfóbica

O agresor quedou e liberdade investigado por tentativa de homicidio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home detido pola Policía Nacional por tirar desde a Muralla de Lugo a unha moza coa que discutira tras tomar unhas copas na zona de lecer da cidade e deixala tirada nun patio interior dunha vivenda, quedou en liberdade investigado por un delito de tentativa de homicidio.

Así o confirmaron a Europa Press fontes policiais e xudiciais, que concretaron que o individuo pasou na tarde deste pasado mércores a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo acusado de lesións graves e omisión do deber de socorro.

Fontes xudiciais indicaron que o home, tras comparecer no xulgado, quedou en liberdade investigado por tentativa de homicidio, coa prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima e coa obrigación de comparecer semanalmente no xulgado.

Pola súa banda, fontes policiais manifestaron que está pendente a declaración da vítima unha vez que estean en condicións de facelo, posiblemente xa en sede xudicial, porque a causa está xudicializada.

TRANSEXUAL

Fontes consultadas por Europa Press apuntaron que a familia puxo en coñecemento da Policía Nacional a condición de transexual da muller, feito que “pode ser unha hipótese” do desencadenamento da pelexa que acabou co empuxón desde a Muralla.

Respecto diso, fontes da Policía Nacional apuntaron unicamente que “houbo algo entre eles” que levou a unha pelexa e ao empuxón desde uns 12 metros de altura que acabou coa caída da vítima, á que o presunto autor deixou tirada sen socorrela.

A moza quedou tirada no chan en estado grave, segundo o relato policial, cunha perna rota, varias vértebras fracturadas e unha boneca fracturada. Posteriormente, ás 7,00 horas un transeúnte que camiñaba polo adarve da Muralla escoitou berros de auxilio e puido localizar o lugar e ver á moza tirada no fondo dun patio interior, co que chamou aos servizos de emerxencias. A vítima nun primeiro momento non lembraba o sucedido e foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, onde se recupera á espera de poder prestar declaración.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...