InicioLugo e contornaLugoDous dos proxetenetas da Carioca non entrarán en prisión

Dous dos proxetenetas da Carioca non entrarán en prisión

Veñen de acadar un acordo "satisfactorio" coa xustiza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A fiscalía, as acusacións particulares e as defensas dos principais proxenetas imputados no marco da ‘Operación Carioca’, alcanzaron un acordo que permitirá a rebaixa de penas a estes acusados, dous homes e unha muller, no marco da investigación sobre redes de prostitución na provincia de Lugo que arrincou a finais de 2009 que levou Pilar de Lara.

Entre eles atópanse José Manuel García Adán, principal responsable da devandita rede, e a súa man dereita José Manuel Pulleiro. O avogado deste último, Cándido Conde-Pumpido, confirmou que este acordo se alcanzou tras unha reunión celebrada a semana pasada entre todas as partes “para ver se había posibilidades de alcanzar unha conformidade”.

“Existe un principio de acordo entre as acusacións e as defensas”, sinalou, tras lembrar o peso ao que chegou esta causa, “a máis grande da historia do sistema xudicial español en canto a volume e tomos que supera a operación Malaya (en Marbella) e outras de gran envergadura”. Neste sentido, asegurou que tanto o Ministerio Fiscal como as acusacións particulares personadas na causa como os avogados da defensa están “satisfeitos”.

Adán xa ten un límite máximo de cumprimento de vinte anos por outros delitos (foi condenado por malos tratos á súa parella), co que “quería ter canto antes a condena para poder conseguir beneficios penais e permisos”. Conde-Pumpido explicou que o seu cliente, Pulleiro, “cumprirá tres anos e sete meses, que é unha condena que xa ten cumprida”, polo que “conseguiu o obxectivo que tiña de non volver entrar en prisión. Finalmente, suspenderíaselle a pena á terceira acusada, co cal “tampouco entrará” no cárcere.

No tres casos, explica, as acusacións variaban “en función do acusado”, pero principalmente “os delitos eran por indución á prostitución e contra os dereitos dos traballadores”. “Pediuse única e exclusivamente por estes delitos principais”, desvelou.

Tamén foi preguntado sobre a relevancia e implicacións desta operación e se se vai a quedar en nada. O avogado madrileño lembrou que a amplitude da instrución” e “a cantidade de erros que cometera” De Lara cando estaba en Lugo, o que levou a suscitar temores “a que se puidese declarar unha nulidade por parte das defensas”. “Realmente é un acordo que pode deixar satisfeitas a todas as partes. Nós estamos satisfeitos do resultado”, congratulábase finalmente.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...