O Concello revalida o patrocinio ao C.D Lugo e C.B Breogán polo “impulso que dan á imaxe e promoción económica da cidade”

Ambas as actuacións teñen un importe de 82.500 euros cada unha.

Imaxe de arquivo da recepción ao Breogán polo seu ascenso á LIGA ACB

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, revalidará no día de hoxe o patrocinio que o Concello de Lugo fai ao C.D Lugo e ao C.B Breogán. Ambas as dúas actuacións teñen un importe de 82.500 euros cada unha.

A actuación, sinalan dende o Concello, enmárcase na “gran contribución” que ambas entidades fan ao impulso da imaxe da cidade, “ampliando o seu coñecemento público e repercusión mediática” grazas á transcendencia da súa participación nas competicións deportivas de fútbol de Segunda División e na LIGA ACB nas que militan, respectivamente. Así mesmo, destacan o labor de promoción económica que fan do municipio e que acadan a través do retorno que xera na capital a celebración dos partidos.

Doutra banda, na sesión desta semana, aprobarase a prórroga para o servizo de mantemento dos equipos contra incendios do Concello, así como a contratación dos seguros de responsabilidade civil e danos a bens mobles e inmobles pertencentes á Institución, ao tempo que se concederán dúas licenzas urbanísticas para a rehabilitación dunha vivenda na rúa Illa da Toxa e para acometer modificacións nunha granxa de vacún de leite en Benade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here