InicioA UlloaAscenden lixeiramente os casos activos pero alíviase a presión hospitalaria

Ascenden lixeiramente os casos activos pero alíviase a presión hospitalaria

No día de hoxe rexistráronse catro novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 e os novos contaxios ascenden lixeiramente no conxunto de Galicia ata os 432 e 23, respectivamente, mentres que baixan a 34 os pacientes ingresados por este coronavirus –dous menos–. Polo seu lado, a taxa de positividade aumenta a un 0,84 por cento.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI mantéñense en nove e descenden a 25 as ingresadas noutras unidades, mentres que 398 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas de Lugo e Pontevedra-O Salnés; mentres que se mantén sen cambios nas outras cinco restantes. Así, na de Lugo continúan tres pacientes Covid en UCI e queda un en planta –un menos–; mentres que na de Pontevedra e O Salnés hai un ingresado en críticos e xa non quedan noutras plantas –a xornada pasada había un–.

No resto de áreas sanitarias non hai cambios. A da Coruña e Cee segue con catro pacientes en UCI e 10 noutras unidades e a de Vigo mantén un en críticos e sete noutras unidades. As áreas de Ourense, Ferrol e Santiago-Barbanza continúan sen pacientes Covid en UCI e contan con dúas, un e catro ingresados, respectivamente, noutras unidades.

AUMENTAN OS CASOS ACTIVOS

Tras comezar esta semana cun novo descenso dos casos activos este martes rexístrase un lixeiro aumento ata os 432, un máis, ao haber máis contaxios (23) que altas (20) ao que se engaden dous falecementos.

As infeccións activas aumentan lixeiramente en catro das sete: Pontevedra e O Salnés (+3), Ferrol (+1), Lugo (+1) e Santiago e Barbanza (+1); baixa en dúas: Ourense (-3) e Vigo (-2); e mantense sen cambios na da Coruña e Cee.

Por tanto, a área da Coruña e Cee continúa como a única por encima do centenar de casos, con 140; seguida da de Vigo, con 77; Santiago e Barbanza, con 70; Ourense, con 49; Lugo, con 45; Pontevedra e O Salnés, con 36; e Ferrol mantéñense á cola, con 15.

SUBIDA DE CONTAXIOS

Os novos contaxios, que arrincaron a semana cun descenso, aumentan lixeiramente a 23, dous máis que os 21 do día anterior, polo que se manteñen por baixo da trintena. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Estes 23 novos positivos foron confirmados nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Do total, sete rexistráronse na área de Pontevedra e O Salnés; cinco, na da Coruña e Cee; outro cinco, na de Santiago e Barbanza; catro, na de Lugo; e dous, na de Ferrol; mentres que nas de Ourense e Vigo non se detectou ningún.

Deste xeito, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 182.784, das que 43.189 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.710, á de Vigo; 27.025, á de Santiago e Barbanza; 21.777, á de Ourense; 21.468, á de Pontevedra e O Salnés; 19.975, á de Lugo; e 11.640, á de Ferrol.

En toda Galicia efectuáronse 2.874.023 PCR desde o inicio da pandemia, que representan 1.827 máis que as feitas o día previo e 60 menos que as realizadas a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– aumentou ao 0,84 por cento tras arrincar esta semana cun 0,51 por cento. Así, segue por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia pola Covid-19 ascenden a 2.648, tras notificar este luns a Consellería de Sanidade dúas novas vítimas, dúas mulleres con patoloxías previas.

En concreto, un dos óbitos produciuse o pasado sábado, 16 de outubro, e corresponde a unha muller de 85 anos da residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, falecida no Chuvi. O outro falecemento tivo lugar o pasado domingo, 17 de outubro. Corresponde a unha muller de 90 anos, cuxa defunción tamén ocorreu no Chuvi.

Fronte a iso, 179.738 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda Galicia desde o comezo desta pandemia, que supoñen 20 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...