InicioLugo e contornaLugoPillan "in fraganti" a un exhibicionista que amosaba os xenitais na rúa...

Pillan “in fraganti” a un exhibicionista que amosaba os xenitais na rúa en Lugo

Proposto para sanción por "exhibición obscena" o home que se paseou cos pantalóns baixados por rúas de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo propuxeron para sanción de entre 601 e 30.000 euros por “exhibición obscena” a un home por pasearse pola cidade cos pantalóns baixados “ensinando os xenitais“.

Segundo relatou a Policía Local, tramitouse acta de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá a un home de 44 anos que foi identificado por unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio na esquina da Avenida de Ramón Ferreiro con Rodríguez Mourelo.

Testemuñas presenciais indicaron á Policía Local que o individuo camiñaba pola rúa Bispo Aguirre “cos pantalóns baixados, ensinando os xenitais”, resaltan as mesmas fontes.

Os axentes observaron que o individuo levaba uns pantalóns curtos e, ante a presenza dos policías, levantounos “apresuradamente“. “Aínda que neses momentos tíñaos subidos, tapando os xenitais, podíase apreciar que estaban baixados na zona do glúteo, por baixo das nádegas”, puntualiza a Policía Local.

Por iso, este home foi proposto para sanción de 601 a 30.000 euros para a súa remisión á Subdelegación do Goberno de Lugo pola “realización de actos de exhibición obscena”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...