InicioLugo e contornaLugoA Deputación de Lugo álzase coa Copa España Creativa 2020 polo seu...

A Deputación de Lugo álzase coa Copa España Creativa 2020 polo seu proxecto para recuperar a Reserva dos Ancares

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo alzouse o sábado coa Copa España Creativa 2020 polo seu proxecto para recuperar e conservar os castiñeiros da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O encargado de defender o proxecto e de recoller o premio nunha gala celebrada en Orihuela (Alacante), no marco do VII Foro de Cidades e Territorios Creativos, foi o responsable de Promoción Económica e Social da Deputación, Pablo Rivera Capón, xunto ao xefe do servizo provincial de Medio Ambiente, Luís Fernández Reija.

O proxecto lucense venceu na primeira fase do concurso –votación popular– co 40 por cento dos apoios, segundo informa a institución provincial. Esta posición de liderado foi ratificada este mesmo sábado polo xurado experto.

Tras esta vitoria, o presidente da Deputación, José Tomé Roca, expresou este domingo a súa “enorme satisfacción” por un premio que supón “un importante recoñecemento ás políticas e á estratexia” que promove para “apoiar ao rural e ao sector primario”.

Debido ao galardón, a institución lucense será a encargada de organizar o VIII Foro de Cidades e Territorios Creativos. “Sen dúbida, ser a sede deste certame no 2022 contribuirá de maneira moi importante á promoción de Lugo a nivel nacional e mesmo internacional, da nosa riqueza patrimonial, ambiental, cultural ou gastronómico, o que terá un impacto positivo na actividade do turismo e da hostalaría durante a celebración do congreso e tamén a medio e longo prazo”, destacou Tomé.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...