InicioLugo e contornaLugoLugo baixa máis de 50 casos activos pero mantense como a área...

Lugo baixa máis de 50 casos activos pero mantense como a área máis afectada tras A Coruña

Conta 572 positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de contaxios diarios por Covid repuntou lixeiramente nas últimas horas en Galicia, con 112 casos novos rexistrados (37 máis que na xornada anterior), aínda que seguen descendendo o número de pacientes coa infección hospitalizados (de 149 a 134) e o número total de persoas coa enfermidade (de 3.249 a 3.010).

Así se reflicte nos datos feitos públicos polo Sergas este mércores (que recollen información ata as 18,00 horas do día anterior), nos que se mostra que os novos contaxios incrementáronse en todas as áreas sanitarias, salvo na de Pontevedra.

Na área sanitaria da Coruña rexistráronse nas últimas 24 horas 32 novos casos (9 máis que na xornada anterior), na área de Vigo son 23 os contaxios novos (3 máis), na área de Lugo hai 20 persoas contaxiadas novas, 10 máis que na xornada anterior. En conxunto, Galicia rexistra 3.010 casos activos, 239 por debaixo do pasado martes. 572 deles están en Lugo, que se mantén como a segunda área máis afectada –por detrás da Coruña– malia descender en 57 casos con respecto ao día previo.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, en cifras globais reduciuse o número de pacientes ingresados, tanto en UCI como en unidades convencionais de hospitalización. Así, pasouse de 37 a 35 pacientes en coidados críticos, e de 112 a 99 enfermos ingresados en planta.

A área da Coruña ten o maior número de enfermos graves, 12 persoas; na área sanitaria de Vigo son 7 os pacientes en UCI, na área de Ourense segue habendo 6 persoas en UCI, na área de Pontevedra hai 3 (unha menos), na área de Lugo hai outros 3 enfermos de Covid en coidados críticos, na área de Santiago seguen 2 pacientes en UCI e na área de Ferrol hai outros 2 (un menos que hai un día).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

Desde o inicio da pandemia curáronse do Covid 175.742 persoas, das que 350 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron coa enfermidade 2.610 persoas. Os últimos decesos comunicados por Sanidade son os de dous homes, ambos de 82 anos de idade, e que estaban ingresados no hospital Povisa de Vigo e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, respectivamente.

En canto ás probas diagnósticas, en Galicia realizáronse, desde o inicio da crise sanitaria, case 2,8 millóns de PCR (3.489 nas últimas 24 horas), case 820.000 probas de antíxenos e máis de 1,1 millóns doutro tipo de probas. Segundo Sanidade, a taxa de positividade das probas PCR (o número de infeccións detectadas cada 100 test) situouse nas últimas horas no 3,23 %, por baixo do 5 % que a OMS determina como limiar para dar por controlada a pandemia.

VACINACIÓN

Mentres, segue avanzando o proceso de vacinación en Galicia e, segundo os datos publicados polo Sergas, nas últimas horas (nas que se seguiu vacinando nos campus universitarios) recibiron doses da vacina contra o Covid outras 21.166 persoas, das que 19.709 completaron a súa pauta de vacinación (dobre dose).

Así, en Galicia administráronse un total 4.281.262 dose da vacina e xa hai 2.197.577 persoas coa pauta completa. Isto supón que está inmunizado o 89,5 % da poboación diana (maiores de 12 anos) e o 81,4 % da poboación total da Comunidade.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...