InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo, "preocupada" polos botellóns, pide un "compromiso social" para...

A alcaldesa de Lugo, “preocupada” polos botellóns, pide un “compromiso social” para evitalos

Lara Méndez defende o "reforzo" do control policial e os populares repróchanlle que "se escude en que é unha problemática xeneralizada"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confesouse “preocupada” pola proliferación de botellóns na cidade, onde este fin de semana a Policía Local disolveu un con máis de 500 persoas, e o PP urxiu acordar unha “normativa de convivencia” ante esta “problemática”.

Méndez sinalou que este “é un problema ao que non é allea a cidade de Lugo” e que se produce en “todas” as urbes, “atendendo á conxuntura ao ampliar as zonas de lecer e de lecer nocturno”. “É a mocidade que quere saír, que quere gozar e iso compartímolo porque é lóxico nesas idades, pero tamén pedimos que teñan ese compromiso social e ese compromiso co patrimonio da cidade e non todo vale á hora de divertirse”, subliñou.

A rexedora de Lugo destacou que se está “reforzando” o control, “desde que se levantaron as restricións por parte da Policía Local” e que se preparan operativos conxuntos coa Policía Nacional e a Autonómica “para disolver botellóns”.

Así as cousas, Lara Méndez resaltou que esta presenza policial “viuse o fin de semana”, cando se disolveu unha aglomeración de máis de 500 persoas, pero apuntou que, dese modo, “non se liquida o problema”, senón que “se desprazan os botellóns a outros lugares”. “Vemos como puntos novos da cidade convértense en puntos de concentración de mozos”, recalcou.

Tamén se referiu ao incremento de custos dos servizos, xa que asegurou que na contorna da catedral recóllense un día habitual entre 40 e 50 quilos de lixo, fronte aos 2.700 quilos deste fin de semana. “É dicir multiplícase en máis dun 4.000 por cento de lixo e isto encarece sempre os custos”, explicou. “Non sería un problema se se fixese dunha forma cívica, sen molestar aos veciños, sen danar o patrimonio, sen danar o mobiliario, que é un pouco a reivindicación que facemos”, aseverou.

Méndez recoñeceu que os botellóns “son situacións complexas”, polo que “non vale a simpleza que achega a oposición do PP de facer unha ordenanza porque hai concellos que teñen ordenanza e seguen dándose as mesmas circunstancias”. “A ordenanza podería encarecer as sancións, que xa se producen, porque moitas veces esas sancións van aos petos dos pais”, resolveu finalmente a alcaldesa de Lugo.

O PP PIDE UNHA NORMATIVA

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do PP, brindouse a acordar unha normativa de convivencia ante a “problemática complicada” que supoñen os botellóns na cidade e “na que non se debe demonizar á mocidade”.

Ademais do control policial e a dotación de ferramentas aos axentes, os populares de Lugo avogaron por un maior investimento en alternativas de lecer e en programas de prevención. Tamén expuxeron a instalación de cámaras de vixilancia na contorna de monumentos “para mellorar a seguridade das persoas e evitar atentados contra o patrimonio”.

Neste sentido, recalcaron que se coñecen “os puntos do botellón” e “a que hora se producen”, polo que lamentaron “a indiferenza da alcaldesa” e o seu “abandono de funcións” ao “escudarse en que é unha problemática xeneralizada”.Así, o grupo municipal do PP recalcou que “todas” as grandes cidades galegas teñen bandos ou ordenanzas excepto Lugo e Ourense, onde se retomou este asunto e tramítase unha normativa antibotellón. Por iso, volveu a pedir acordar unha ordenanza de convivencia.

ÚLTIMAS

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....