Lugo Monumental, indignada cos botellós que emporcan zonas históricas da cidade, pide sancións severas

Pide ao Concello de Lugo e á Xunta que se coordinen para rematar con esta situación.

Mozos realizan un botellón nun parque / EFE

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expresou o malestar deste colectivo, que agrupa aos negocios do centro histórico da cidade, polo estado no que apareceron ese venres varios espazos do recinto amurallado, como as prazas de Do Campo e Pío XII, por mor dos restos do botellón celebrado a pasada noite.

Desde o seu punto de vista, para acabar con esta práctica, hai que “actuar desde dúas frontes distintas de forma simultánea”, por unha banda mediante a apertura do lecer nocturno, sempre que os locais cumpran con todos os protocolos e medidas de seguridade fronte ao Covid-19 e, pola outra, sancionando e sancionando a quen participan nos botellóns.

Non se pode actuar cando hai catrocentas persoas, pero si cando hai dez. Hai que sancionar e, logo volver máis tarde, e sancionar outra vez. Chegará un momento no que deixarán de facelo”, dixo Latorre. Neste sentio, suliñou que Lugo Monumental informou do sucedido ao Concello de Lugo e á Consellería de Sanidade, porque “neste momento, no que ademais os botellóns están prohibidos por causa da pandemia”, ambas as administracións “teñen que coordinarse”.

Desde o seu punto de vista, “non ten ningún sentido que se peche ou se limite a actividade dos locais de lecer nocturno”, que cumpren os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias, e se permita, con todo, “este tipo de desaguisados”. “Como esta xente non contempla a posibilidade de quedar en casa“, dixo Latorre, parece que as restricións ao lecer nocturno o que fan é “empuxala ao botellón”.

BOTELLÓN NA CATEDRAL

O atrio da Catedral de Lugo e varias rúas do centro histórico amenceron este venres con restos de botellón como bolsas de plástico, cristais rotos e botellas.

Ante a denuncia do PP de Lugo e as fotografías solicitas por Lugo Monumental, o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, explicaron que o dispositivo de limpeza viuse ” obrigado a reforzar o servizo” para deixar as rúas “en perfecto estado”.

Deste xeito, indicaron que “a área quedou limpa antes do mediodía”, despois de recoller “dúas toneladas máis de lixo do habitual”. O PP lucense queixouse de que “se tan preocupados están polos aforamentos das barracas, como non demostran a mesma sensibilidade con este tipo de concentracións”.

Respecto diso, Miguel Fernández replicou que non se poden programar “dispositivos especiais” na totalidade do municipio. “Coa presión pola vixilancia da Policía Local nas zonas onde habitualmente se fai o botellón (Parque de Rosalía, As Gándaras ou o Campus), adoitan ir cambiando de zonas“, apuntou.

O PP DENUNCIA FALTA DE PREVISIÓN

Pola súa banda, o grupo municipal popular manifestaran “a imaxe degradante” que se traslada da cidade e coa que se atoparon “os peregrinos que atravesaban a zona”. Censuraron “os comportamentos incívicos” dalgúns individuos, pero tamén recriminaron “a falta de previsión por parte da alcaldesa para evitar os botellóns”.

“A loita contra o botellón ten diversas frontes. Os problemas de convivencia que xera cos veciños; así como o estado no que estaban as rúas cheas de residuos e de lixo. Debemos reflexionar sobre o impacto que ten esta práctica nos recursos públicos e fomentar actitudes cívicas que sexan compatibles co lecer, descanso e o mantemento das rúas limpas”, concluíu o concelleiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here