InicioLugo e contornaLugoO Concello destaca que o turismo en Lugo presenta "datos similares aos...

O Concello destaca que o turismo en Lugo presenta “datos similares aos do 2019”

Maite Ferreiro sinala que, malia que descenderon os visitantes doutros países, aumentaron os procedentes do resto do Estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou sobre o número de visitantes que chegaron a Lugo durante os primeiros meses do ano. Maite Ferreiro destacou que “o sector turístico continúa a súa recuperación e no concello de Lugo estamos preto de chegar ás cifras do 2019 en número de visitantes”.

Así, segundo datos da Oficina Municipal de Turismo, nos primeiros 20 días de agosto atenderon a 7442 persoas. E durante todo o mes de agosto do 2019, o total de persoas atendidas na Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo ascendeu a 10195.

Maite Ferreiro explicou que “malia que descendeu o número de visitantes procedentes de outros países, o número de turistas que se achegan desrde outras partes do estado aumentou notablemente”. “Lugo estase posicionando como un destino estratéxico para o turismo na Galiza, un dos obxectivos das campañas turísticas que puxemos en marcha nestes anos”, afirmou a edil de Turismo.

Entre os visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo durante este verán destacan os procedentes de Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais.

 

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...