InicioLugo e contornaLugoLugo Monumental non recibe o apoio dos hostaleiros galegos no recurso contra...

Lugo Monumental non recibe o apoio dos hostaleiros galegos no recurso contra as restricións sanitarias

O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia recordou que as asociación provinciais de toda Galicia estiveron de acordo nas negociación coa Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hostaleiros galegos expresaron a súa oposición ao recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que presentou a asociación Lugo Monumental ás restricións no sector debido á crise sanitaria pola Covid-19.

Así o manifestou o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia, o lucense Cheché Real, que advirte nesa asociación “un exceso exacerbado de protagonismo, ao entrar en conflito co beneficio de toda a sociedade”. “Isto (as restricións da Xunta) é para salvagardar a saúde de toda a cidadanía”, razoou.

Real manifestou que “non” acaba de entender este recurso e apunta que “xa hai máis de 20 países que están a adoptar este tipo de medidas en todo tipo de establecementos”. “O máis importante é que os nosos establecementos poden seguir traballando, de feito están abertos e están a traballar nun magnifico verán, que non eran esas as expectativas tanto na restauración como no aloxamento”, subliñou.

“Nós fomos os que negociamos coa Xunta hai un mes cando isto se vía que tiña unha liña ascendente brutal en canto a contaxios e a opción que nos daban era pechar a hostalaría novamente. Na seguinte reunión por parte da Xunta comunicóusenos a posibilidade de manter a hostalaría aberta pedindo xustificación de estar vacinado ou tests antíxenos e estivemos de acordo na negociación as asociacións provinciais de toda Galicia“, indicou.

Así mesmo, Cheché Real confía en que a Xunta autorice unha ocupación do cento por cento nas terrazas, nunha decisión que esperan que se produza nos próximos días.

Finalmente, Real tamén criticou aos que se “rasgan as vestiduras porque che pidan un certificado Covid cando non son datos médicos, senón un certificado de que estás vacinado”. “Trátase de salvagardar a saúde de todos, e todos temos que estar na mesma colaboración e que sexa recíproca”, conclúe o tamén presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...