Piden que o xabaril tamén sexa declarado unha praga en Galicia

A Fruga insta á Xunta a declarar como infesta estas dúas especies animais.

Un xabaril entrando nun campo de millo | desveda.com

Primeiro foi o Concello de Lugo, logo a Deputación, logo o PSdeG, o BNG, e agora tamén os sindicatos agrarios. O coordinador en Lugo da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, pediulle este xoves á Xunta que declare como “praga” a avespa velutina e o xabaril polos “ataques masivos” ao agro galego.

En toda Galicia están a producirse ataques masivos do xabaril, autorízanse batidas pero aínda así non é suficiente para erradicalo. A poboación está a ir en aumento e vaias por onde vaias ves pasteiros levantados e agora van empezar os ataques ao millo antes de recollelo”, dixo sobre este mamífero.

Por iso, pediu que, tal e como xa está a acontecer coa velutina, tamén o xabaril sexa declarado como praga. “A Xunta sempre mirou para outro lado e non lle interesa. Os ataques son masivos e dificultan a actividade agraria”, denunciou.

Sobre a velutina, Elías Somoza, tamén denunciou que Medio Rural non estea a facer nada e pedíulle ao Goberno galego “que tome isto en serio”.

 

1 COMENTARIO

  1. ¿Sabedes quen è o depredador que controla está especie?
    Si señores o “canis lupus”.
    Pero este foi cazado ata mermalo.
    Agora non hai case quen controle as especies coma o xabarin.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here