InicioCulturaLove of Lesbian, Nathy Peluso e La M.O.D.A, entre os artistas do...

Love of Lesbian, Nathy Peluso e La M.O.D.A, entre os artistas do Caudal Fest 2021

O Caudal Fest traerá a música a Lugo do 16 ao 18 de setembro nunha edición máis limitada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival Caudal Fest volta un ano máis a Lugo, este ano adaptándose ás circunstancias actuais cun aforo limitado con todas as medidas de seguridade e prevención. Nesta edición, grupos como Love of Lesbian, presentando o seu último traballo “V.E.H.N (Viaje épico hacia la nada”, ou Nathy Peluso, unha das artistas do momento, visitarán o Xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para celebrar “a última gran festa do verán”.

Esta edición, que se celebrará do xoves 16 ao sábado 18 de setembro, terá un formato reducido distribuído en mesas, pero sen perder o espírito festivaleiro para gozar de 3 días de concertos. 

Ademais dos mencionados Love of Lesbian e Nathy Peluso, tamén chegarán a Lugo o grupo La M.O.D.A., que repiten a súa presencia do festival; Bad Gyal, “a raíña do dancehall” que se estrea na cidade; Iván Ferreiro, coa súa xira Cuentos y Canciones (2004-2021); o artista galego Sen Senra, os vascos Shinova, Kutxi Romero de Marea, os instrumentais Toudra, os festeitos Ladilla Rusa e o local David Prado, representando a música lucense.

As entradas estarán dispoñibles na web do Caudal Fest a partir do mércores 18 de agosto ás 12:00 horas do mediodía. Dende a organización do festival irán anunciando as diferentes opcións de compra e a información sobre todas as medidas de seguridade para que “o acceso á cultura en Lugo se faga dunha maneira segura unha vez máis”.

“SEGURIDADE E CALIDADE”

“A finalidade é a de garantir a máxima seguridade ao mesmo tempo que revitalizar os sectores cultural, hostaleiro e de ocio achegando á nosa cidade actuacións de grandes artistas do panorama internacional, nacional e galego”, falou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no acto de presentación do cartel este venres. Alí tamén estivo o organizador da cita, Iván Méndez, que agradeceu a colaboración e facilidades levadas a cabo polo Concello de Lugo dende a primeira cita para sacar adiante un festival “tan ambicioso”. Así, destacou que “esta edición fará as delicias de todo o noso público grazas a un formato seguro e un cartel variado e de calidade”.

O Concello volve apostar por esta cita cultural para que “Lugo se sitúe no mapa dos festivais urbanos e para impulsar unha festividade vinculada co desenvolvemento sostible do medio ambiente”, explican nun comunicado.

Como novidade nesta edición marcada pola Covid-19, os asistentes dispoñerán dunha aplicación móbil para pedir nas barras do festival desde o asento co obxectivo de evitar as colas. Todo o recinto contará, ademais, con dispensadores de xel hidroalcohólico, tanto en zonas de público como en zonas de traballo. Entre as medidas articuladas destacan, ademais, o uso obrigatorio de máscaras, entradas nominativas, circulación organizada e sinalizada en todo o recinto, carrís separados de acceso e saída, control da distancia de seguridade, asistentes para a organización do público e desinfección continua de cadeiras, mesas, barras, baños e zonas de traballadores e público.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....