Queres traballar como bombeiro en Lugo?

Convocadas 12 prazas para o servizo municipal de bombeiros

ARQUIVO | Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo
Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

O Goberno de Lugo convocou 12 prazas de bombeiro/a-condutor/a, concretamente 6 pertencentes á oferta pública de emprego (OPE) do 2015 e outras 6 incluídas na oferta pública de emprego de 2016. Os interesados terán que realizar un proceso selectivo de oposión por quenda libre.

Tal e como se publica no anuncio do Boletín Oficial do Estado, o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais dende hoxe, é dicir, ata o 9 de setembro. O Concello convocará no menor prazo posible as diversas probas.

Con esta nova oferta de emprego, o Concello de Lugo destaca que cumpre coa palabra e coas peticións dos propios profesionais do parque. “Sabemos que é unha necesidade moi grande, dado as características do propio servizo municipal de bombeiros, que ademais nos últimos anos rexistrou diversas xubilacións”, indica nun comunicado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here