Detido un mozo por conducir con alcoholemia positiva e ameazar con facer caso omiso a axentes

A Garda Civil impútalle un delito contra a seguridade viaria e outro de resistencia a axentes da autoridade.

Axente de Garda Civil | AXM

A Garda Civil detivo a un condutor veciño de Meira como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e impútalle, ademais, outro de resistencia a axentes da autoridade por ameazar con facer caso omiso aos gardas que lle deron o alto.

Segundo informou o Instituto Armado, foi detido un veciño de Meira de 33 anos de idade como presunto autor dos delitos de resistencia e contra a seguridade viaria.

Tras identificar o condutor dun turismo que circulaba pola estrada N-640, no quilómetro 70, ao seu paso polo termo municipal de Castro de Rei, este ameazou con facer caso omiso ás indicacións dos axentes e continuar a marcha se non se retiran.

Os axentes procederon a realizarlle unha proba de alcoholemia, na que este condutor obtivo un resultado de 1,13 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.