David Fiuza, novo Director da Banda Municipal de Música de Lugo

O seu nomeamento pon fin a provisionalidade que viviu a formación nos últimos anos.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaron esta mañá a toma de posesión do novo Director da Banda Municipal de MúsicaCon este trámite oficialízase así o nomeamento de David Fiuza no cargo, poñendo fin á provisionalidade que, a este respecto, viviu a formación municipal nos últimos anos.

O músico de Vila de Cruces obtivo a praza tras participar no proceso selectivo convocado pola área de Recursos Humanos, unha oposición de acceso libre na que se esixía como requisito imprescindible a titulación superior de Música ou equivalente na especialidade de dirección de Orquestra, expedido polo Conservatorio Oficial de Música.

A rexedora local felicitou a David Fiuza pola obtención da praza. “Hoxe é un día moi positivo porque se incorpora a esta institución un director de sobrada experiencia e gran prestixio profesional pero porque tamén volveremos ver e gozar da nosa Banda actuando de novo e recuperando o que era o seu ritmo de actividade habitual“, indicou Lara Méndez.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here